Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Barcelona

Edición xestionada por Xabier Paradelo
RSS de Barcelona
MAIO CULTURAL GALEGO

Homenaxe a María Mariño no II Ciclo "Galiza: nin rastro de mulleres?"

A 2ª parte do ciclo céntrase na figura de María Mariño e no fallo do I certame literario “Contos no mediterráneo”.

Espazo Galego dos Països Catalans - 08:00 22/05/2007

Contará coa presenza das recitadoras vascas Ángela Serna e Pilar Corcuera e presentaranse o documental “Língua: Vidas em portugués” e o cd “Pensando nelas”. Tamén se poderá visitar a exposición e a manta da Marcha Mundial de Mulleres.

O II Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?, organizado por Espazo Galego dos Països Catalans e mais o Lectorado de galego da UAB, dá continuidade ao ciclo que se iniciara o ano pasado. Está dividido en tres xornadas: as dúas primeiras xemelgas, o 19 e 20 de abril, na Universitat Autònoma e no Centro Cívico Drassanes de Barcelona, e a terceira o 25 de maio, na biblioteca do Centre de Cultura de Dones Francesca Bonnemaison.

Nas primeiras xornadas proxectouse o documental Palmas, que trata a problemática da integración da comunidade xitana en Lugo, con especial atención ás mulleres, e a continuación abriuse un debate e coloquio baixo título As mulleres como mediadoras sociais. Neste participaron Tareixa Otero Dacosta, representante da Marcha Mundial de Mulleres en Galiza e integrante do grupo Area Loura, Carme P. Granxeiro, directora do documental Palmas, Belén Puñal, xornalista e investigadora en comunicación e xénero, e Blanca Argilès, licenciada en Historia e Antropoloxía e mediadora cultural.

Nesta segunda parte do ciclo voltarase a presentar a mostra fotográfica da Marcha Mundial de Mulleres e a manta da Marcha Mundial de Mulleres en Galiza. Ademáis as rapsodas vascas Ángela Serna e Pilar Corchera farán un recital poético en honor de María Mariño. Tamén serán presentados o documental “Língua: Vidas em portugués” e o cd de poesía galega “Pensando nelas”. O acto continuará coa entrega dos premios do concurso literario Contos no Mediterráneo, coa presenza de membros do xurado e do escritor galego Diego Ameixeiras.
Finalemente, o público asistente poderá disfrutar dun aperitivo a base de productos portugueses.

Programa do II Ciclo Galiza: nin rastro de mulleres?
Venres, 25 de maio de 2007, 19 h

Biblioteca Francesca Bonnemaison
Sant Pere més Baix, 7 | Barcelona
Metro L1 Urquinaona

Presentación.

Recital poético en homenaxe a María Mariño (Letras Galegas 2007). A cargo de Ángela Serna e Pilar Corcuera.

Presentación do documental Língua: Vidas em portugês.

Presentación do CD de poesía galega Pensando nelas.

Entrega dos premios do concurso literario Contos no Mediterráneo. Coa presenza do escritor Diego Ameixeiras.

Aperitivo.

A exposición da MMM estará presente na B. Francesca Bonnemaison do 21 ao 31 de maio.

Espazo Galego dos Països Catalans e o Lectorado de galego da UAB son membros de Rede.cat.


Documentos

4,93/5 (15 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: