Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COÑECEMENTO ABERTO

Catro anos de Galipedia

Son xa 22.317 artigos, no momento de escribirmos estas liñas, os que achegaron os voluntarios dun dos máis exitosos proxectos da rede galega. A Galipedia está de aniversario.

Redacción - 19:27 08/03/2007
Pouco máis dunha ducia de usuarios suman máis da metade de todos os artigos realizados para a Galipedia

Pouco máis dunha ducia de usuarios suman máis da metade de todos os artigos realizados para a Galipedia

Tal día como hoxe, un 8 de marzo, en 1917 morría na Coruña o poeta Eduardo Pondal. O mesmo día pero en 1908, perdían a vida máis dun cento de mulleres no incendio dunha factoría téxtil en Nova York, mentres protestaban e reclamaban a igualdade de dereitos laborais cos homes: feitos claves na orixe da conmemoración deste Día da Muller Traballadora.

Son exemplo de efemérides das que fai escolma na súa portada a Galipedia, a versión galega da Enciclopedia Libre máis coñecida en internet, a Wikipedia. Hai catro anos, o 8 de marzo de 2003, iniciaba camiño na rede o proxecto. O esforzo dos voluntarios conseguiu que neste tempo a Galipedia chimpase por riba dos 20 mil artigos.

Proxecto aberto, coñecemento libre
Preto de dous mil usuarios se inscribiron xa na Galipedia. As posibilidades son múltiples: escribir novos artigos, traducir algún desde outra lingua, ampliar algún dos que existe, corrixir grallas, achegar imaxes para ilustralos... Hai tempo, os xestores máis activos da Galipedia propuxeron a campaña "Un artigo ao día", que lle propón aos internautas elaborar cando menos unha pequena entrada todos os días.


Ligazóns

2.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: