Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEBIDO A INFORMACIÓNS PUBLICADAS NA SÚA BITÁCORA

Sudán bota o delegado especial da ONU

Tres días de prazo para saír do país lle deu o goberno sudanés a Ian Pronk, enviado especial das Nacións Unidas en Sudán desde xuño de 2004. O último enfrontamento do economista holandés, que representaba á comunidade internacional na zona e fronte ao conflito en Darfur, foi a publicación de informacións no seu blog que causaron malestar no executivo local. "A moral das tropas ao norte de Darfur está nun momento baixo", escribiu Pronk, "houbo disparos contra varios xenerais e soldados que rexeitaron seguir ordes de combate". O exército acúsao agora de distribuír informacións falsas ao tempo que o goberno cualifica ao enviado da ONU de persoa non grata. Presuntamente, os militares preparan unha nova ofensiva en Darfur, mentres o executivo segue bloqueando o despregue proposto de vinte milleiros de cascos azuis.

  • Sudán invisíbel, artigo de Esteban Beltrán
  • Sudán quere que a Unión Africana deixe Darfur e négase á entrada de tropas da ONU

- 07:02 23/10/2006
Tags:


0/5 (0 votos)