Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PULSO AO 'BARÓN' POPULAR LUGUÉS

O PPdeG presenta oficialmente a Barreiro como relevo de Cacharro

O comité electoral dos populares galegos fixo público este luns que Xosé Manuel Barreiro, actual vicepresidente do partido e presidente provincial do PPdeG, será o candidato oficial do partido para presidir a Deputación de Lugo no caso de que a formación consiga os resultados necesarios nas próximas eleccións municipais para amarrar o cargo. Barreiro terá así lugar de privilexio á beira de Xaquín García Díez, candidato do partido á alcaldía de Lugo. Consúmase así o desafío a Francisco Cacharro Pardo de quen até as portas do congreso da sucesión de Manuel Fraga fora estreito colaborador do barón lugués, relación rachada logo do pacto de Barreiro con Alberte Núñez Feijoo para presentar candidatura única naquela cita. Cacharro, actual presidente da deputación luguesa, negouse de momento a facer valoración da decisión, mentres se especula co seu posíbel paso a unha lista independente, paso que podería ter freado a oferta do PP para repetir escano no Senado.

  • Anterior: O PPdeG asina a fin da era Cacharro e ofrécelle manter o escano no Senado

- 06:35 01/08/2006
Tags:


0/5 (0 votos)