Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POR RIBA DA MEDIA ESTATAL

O PIB galego medra un 3.7% no primeiro trimestre do ano

O Instituto Galego de Estatística, o IGE, publicou este martes os datos do produto interior bruto xerado pola economía galega entre xaneiro e marzo de 2006. Nese período, o PIB avanzou un 3.7% por riba das cifras marcadas no mesmo período trimestral en 2005. Trátase dun crecemento dúas décimas maior que o do trimestre anterior, e tamén dúas máis que a media do Estado durante o mesmo treito. Doutra beira, o gasto en consumo final dos fogares avanzou un 3.4% e o crecemento da inflación quedou compensado polo crecemento da afiliación
asalariada e dos salarios. No mesmo trimestre, as exportacións creceron un 7%, case dous puntos máis que no último treito de 2005, e as importacións medraron un 6.6%, dúas décimas máis.

- 07:01 19/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)