Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
EXPERIMENTOU UN CRECEMENTO DUN 18 POR CENTO RESPECTO Á PRIMEIRA OLA DE 2005

A Radio Galega consolídase coma a segunda emisora máis escoitada en Galiza

A Radio Galega acadou unha media de 170.000 oíntes no periodo de luns a domingo segundo o EXM. Trátase dun dos mellores datos do Estudio Xeral de Medios (EXM) desde o ano 1993, cun acumulado anual de 173.000 oíntes, o máis alto desque comezou a emitir. A primeira onda do EXM, que abrangue os meses de febreiro e marzo de 2006, confirman á emisora coma a segunda en audiencia, só por detras da Cadena Ser. Ademáis, comparativamente, a Radio Galega experimentou un crecemento dun 18 por cento respecto á primeira ola de 2005.

- 10:39 26/04/2006
Tags:

A emisora sitúase coma líder na franxa nocturna e mellora notablemente nos tramos da mañá dos sábados e nas tardes da fin de semana, nos que as retransmisións deportivas representan a característica principal. Un dos datos maís destacábeis do EXM, é o cambio no perfil da audiencia da Radio Galega, que pasa por un forte avance da xente nova, en detrimento dos maiores de 65 anos. Estas variación supoñen un xiro importante cara o "target", captando agora a un público máis novo e urbano, cun nivel de estudios alto. Este cambio coincide coa estrea dunha nova programación.

Os datos do EXM permitiron respirar ao ente público galego logo de que o PPdeG asegurase que a TVG está a rexistrar as peores audiencias dos últimos 12 anos, tendencia que segundo os populares é constante desde o cambio de goberno. A problemática sobre a xestión da CRTVG chegou onte ata o parlamento logo de que o deputado do PPdeG acusase onte en Comisión parlamentaria os responsables do ente de "manipulación" e "censura", en referencia aos espazos adicados nos informativos aos diferentes partidos políticos. O director xeral, Benigno Sánchez, respondeulle que os seus datos "son falsos" e esas prácticas corresponden á etapa anterior, cando gobernaba o PP.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: