Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
COPERNIC INSTITUTE

Vaite con Google á lúa

Entre a ciencia-ficción e a brincadeira dáse conta en internet do proxecto de Google para crear un centro de investigación na Lúa, o Copernicus Center, que logo de, coma di seu lema, "organizar e facer mundialmente accesíbel" a información no planeta, vai "organizar a información no universo". O Googlelunaplex tería espazo para dúas ducias de enxeñeiros, un par de masaxistas e un cociñeiro xaponés. A broma completa a conmemoración que o buscador fixera en 2004 da primera vez que un home pisou o satélite, cun mapa do lugar onde pousaron as naves enviadas pola NASA que ao ser ampliado, convertía a Lúa nun pedazo de queixo.

- 13:01 27/02/2006
Tags:


0/5 (0 votos)