Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
9º ANIVERSARIO DE VIEIROS

O último aniversario de Vieiros... dunha soa cifra

O 24 de febreiro de 1996 saía á rede a primeira páxina de Vieiros. Facíanse anos do nacemento de Rosalía e tamén da primeira emisión da Radio Galega e comezaba o que sería o primeiro xornal electrónico galego. Facemos hoxe, pois, 9 anos. Nove anos que deron para case cincuenta milleiros de noticias (algunhas boas, outras malas) guiadas coa vontade de construír na rede o país que non temos na rúa. Coa mesma enerxía do 24 de febreiro de 1996, aínda que algo máis experimentados, iniciamos hoxe os preparativos do Décimo Aniversario. Agarda por nós un ano de cousas moi especiais, onde teremos que poñer toda a carne no espeto. Vémonos nos píxeles!

- 09:34 24/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)