Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
NO 7O ANIVERSARIO DO GOLPE MILITAR

Galiza lembra as vítimas da represión franquista con máis intensidade ca nunca

O Ano da memoria chega a outro dos seus días claves logo de celebrar os 70 anos da aprobación do primeiro Estatuto de Autonomía galego, pois hoxe é cando se fan outros tanto do golpe militar do Xeneral Franco que truncou as ilusións dun país creadas con aquel Estatuto, pero tamén as vidas de moitos galegos por defenderen as ideas de progreso e liberdade que promovía unha república votada democraticamente. Aínda que a Galiza non chegou o levantamento fascista até o 20 de xullo, hoxe lémbrase en todo país unha data marcada a lume durante todos estes anos, mesmo nas nosas rúas, mais dende o lado das vítimas. Teatro, charlas, exposicións, cine e até un barco recordan o que pasou no 36.

  • Cultura bota a andar o Barco da Memoria e promove un espectáculo teatral
  • O barco da memoria, manifesto de Manuel Rivas na botadura do Hidria II
  • A CNT lembra a resistencia libertaria cun documental
  • A Comisión pola Memoria da Coruña pídelle ao Concello que condene o golpe
  • Esquerda Unida volve pedir que se retire a simboloxía fascista
  • En Pontevedra: Presentación pública de Sempre con vós. Cidadanía pola verdade

- 18:52 18/07/2006
Tags:


0/5 (0 votos)