Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REPRESENTACIÓN GALEGA NAS MOBILIZACIÓNS EN CEUTA

Caravana europea "contra o valado"

Cando menos medio milleiro de persoas de distintos colectivos sociais participarán na concentración que esta fin de semana tén lugar en Ceuta en solidariedade e apoio cos inmigrantes que nos últimos meses brincaron por riba dos valados fronteirizos e están agora retidos en varios centros. "A brutalidade que adquiriu o rexime de fronteiras" é un dos motivos desta actividade, que denunciará a "violencia das forzas de seguridade" e as "deportacións a zonas de deserto afastadas de calquera poboación".

- 09:27 04/11/2005
Tags:

"A barbarie das mortes na fronteira, a multiplicación das barreiras e os sistemas de exclusión en Europa", son críticas centrais nas que a representación galega nesta convocatoria quere participar: "Un bastaaos valados como lugar de um crime perpetrado em nome das democracias europeas. Aos valados como símbolo de um regimem de fronteiras que nom só está feito de barreiras físicas e áreas de vigiláncia cada vez mais militarizadas, e a un sistema de acesso aos dereitos que crea cidadáns de primeira e de segunda categoría".

Os actos terán lugar entre 4 e 6 de novembro e os seus promotores chaman a unirse a unha convocatoria que quere denuncia "o valado da morte e a todo o que este simboliza: non no noso nome" e producir unha alianza "cos que o tentan cruzar, defendendo o seu dereito á existencia, que tamén é o noso... nunmundo mellor".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: