Volver a Vieiros

Un idioma segredo

Enviado por Bra_Gz o día 10.03.2009

Pechei os ollos ó sentir o doce aroma do seu alento achegarse á miña boca, e no medio da escuridade, a súa lingua apoderouse da miña. Os seus beizos, húmidos e cálidos, acopláronse perfectamente ós meus, convertíndonos nunha soa boca falando un idioma segredo, que só nós coñecíamos. As súas palabras abrazaron as miñas cadeiras, e o seu corpo comezou, paseniño, a entrar en min. A súa presencia, cada vez máis profunda acariñando a miña ialma, fixo estremecer a miña pel, entraba e saía, entraba e saía, ata que a súa saraiba encharcou as miñas entrañas, e ambos estoupamos tolos de amor, descubrindo así ó máis infranqueábel dos nosos segredos.


2,66/5 (29 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.