Volver a Vieiros

Lectura pública.

Enviado por Algalias o día 24.04.2009

Cústache manter o libro aberto coa man esquerda que che queda. Deveces por pasar á seguinte páxina, pero o libro péchase e tes que mollalo coa man dereita que axiña volve baixo a túa minimalista saia vermella: albisco como moves lene índice e maior sobre ese lindo microtecido negro que xusto aí ha de saber a gloria. A túa pelve e as túas coxas acompañan o baile, suaves.

Debes pensar que te disimulas ben baixo a mesa no recuncho do bar..., ou é que non che importa que che outee por riba do xornal? Como me gustaría imitarte, pero o meu xeito nunca sería tan discreto como o teu e agora non me podo levantar para ir ao baño: non quero romper a pana ou, peor, que a pana me rompa...


1.38/5 (8 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.