Volver a Vieiros

Frena

Enviado por Elara o día 24.04.2009

Victor, conducía con paixón, esa era a palabra exacta. Agarraba o volante e a panca de cambios con suavidade, como se fosen desfacerse. Acariñábaos.
Pero, ó mesmo tempo, penso que ninguén sería quen de despegalo, de arrincarlle os brazos dos mandos. Asíaos con tal furia que branqueábanlle os nós das mans. Tal mestura de forza e potencia, de delicadeza e suavidade, fascinábame por completo. Retorcinme no asento do copiloto, por un intre aminorou a marcha e perdín a cabeza. Tirei do freo de man e obrigueino a deterse na beiravía. Alí quería que me fixera o amor do mesmo xeito...


2.14/5 (7 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.