Volver a Vieiros

RAI-BAN

Enviado por Inmaculada o día 23.04.2009

Abafaban coa calor e decidiron coller un taxi.
Tocoulle no medio do asento traseiro, eran tres. Tiña que ter ese atranco que sobresae do chan entre perna e perna.
Botouse cara atrás, repousou a cabeza no asento e deslizou o vaporoso e suado vestido coas mans caras as inguas.
De súpeto ,o coche parou en seco.
Ergueu un pouco a cabeza e descubriu no espello retrovisor unhas gafas negras de motoristas
no taxista,que sentía non miraban ó semáforo vermello.
Serxio, púxolle a man na perna e comezou a acariñala de arriba a baixo mirando pola ventá.
Botouse de novo para atrás e deixouse levar pola quentura mais que morna que reflectían aqueles cristais negros.


1.14/5 (7 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.