Volver a Vieiros

Saberche...

Enviado por Algalias o día 23.04.2009

Navego a lingua, na túa dorna que vai e vén, entre os teus labios, bebéndoche a crecida toda que me asolaga co teu aroma, tanxendo forte onde sei que me queres: no teu compás, á procura da ortodrómica de nós.

Cando remata a singradura e cheo de auga, rubo cos dentes polo teu monte, esvaro co mollo no embigo, ascéndoche os peitos e demórome en cada cumio. Por fin, brinco na túa boca doce que me agarda, sedento de novo.

"Sabes a min", disme, sorrindo.

Ledo, bébote de novo: gústame tanto, saberche...


2.56/5 (9 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.