Volver a Vieiros

Denoite

Enviado por Dnoit o día 22.04.2009

Suaba a liturxia do seu ascenso, cos ollos fixos no teito. A modiño. Na fruición da súa lentitude, feromonas galopaban desbandadas sobre o aricado do meu corpo. A súa lingua debuxaba mornura na efervescencia do meu delirio. Turbación. Obstinado na miña ablepsia rozaba mudo e patidifuso os dedos dos pés, estiraba os dedos das mans. A parte interior da perna era diversión entre as súas xemas e chagas na miña resistencia. Lume. Brasas nas inguas, calafríos entre falla e falla e nese momento velocidade. Na cúspide da humidade, trompetas de xúbilo cantaron o seu sexo e na anegación do meu impacto, recordo seu susurro: “Nene, agora teu éxtase será meu por sempre”


2.67/5 (12 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.