Volver a Vieiros

Desglose.

Enviado por OjoMaestro o día 21.04.2009

Levaríate preto do arquivo, arquivaríate,
desglosaríate e colocaría cada xesto, cada parte do teu corpo por orden alfabético,
por cores, por texturas, cada unha das túas virtudes e defectos,
cada bico, cada centímetro cadrado da túa beleza.
Levaríate ata o caixón dos documentos,...para documentarme,
acorralaríate, bicaríate,
subiríate enriba da mesa desabotonándote os botóns da camisa,
comería da túa boca as máis preciadas palabras, sentiríate en A4, en A3, en plantillas,
en sobres, en carpetas,...
Que bonito é ser tan ordeado, ñaM !!


2.92/5 (13 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.