Volver a Vieiros

VORÁXINE

Enviado por Ultrasonica o día 21.04.2009

Sentín como a súa man recorría suavemente a liña que debuxaban os meus peitos. Miroume fixamente ós ollos e bicoume con paixón, deixei que as nosas linguas se enredasen coma se fose o derredeiro momento das nosas vidas, mordíalle suavemente os beizos mentres él acariciábame coas suas fortes mans. Aquela voráxine de amor e desexo, envolveunos nun universo parelelo onde todo ó noso redor desaparecera. Detívose un intre, clavoume a mirada, a súa man na liña que divide o ventre do universo feminino, o meu latexar golpeando, a respiración acelerada, e a súa man descendendo ata ó meu centro…creín morrer, unha ola de pracer envolveume ata sentir que morría empapada en ganas de él.


2.56/5 (9 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.