Volver a Vieiros

o zurdo

Enviado por jatofanado o día 16.04.2009

Escríboche por última vez dende ese parque onde nunca me deixaches bicarte. Estou uns metros máis alá dos bambáns onde o bruto de Pepe che fixo o teu primeiro dedo mentres eu observaba entre a matogueira. Cansei de chorarte, porque sempre te quixen, pero tamén de esperar o teu corpo tan cobizado, que cada día cotiza menos. Non Xulia, non me namorei doutra, pero xa non estou namorado de ti. E a proba é que vou facer o mesmo que todos fixeron contigo sempre. Vou foderte diante de todos, aquí, no noso parque, sen amor e por rabia. Vou foderte para poder esquecerte, e usarei aquilo que nunca souben utilizar contigo: a miña torpe man esquerda.


2,67/5 (21 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.