Volver a Vieiros

Alborada

Enviado por Bolboretasdepapel o día 14.04.2009

Que me atoparías deitada no manto de flores baixo o ollar imparcial da lúa; mentres o arrecendo a amorodos enche o ar que tenta, sin éxito, atenuar a miña calor. Os teus beizos a buscar os meus, e unirse nun húmido bico, clorofílico. A miña man, esvarando pola túa pel e a miña boca recorrendo o teu corpo enteiro. O son dos grilos que se confunde coas nosas respiracións entrecortadas e os meus xemidos de pracer sentíndote dentro de min mentres os vagalumes voan mesturándose coma se estiveran a imitar a nosa paixón sen límite. E aumentar o ritmo chegando ao éxtase mentres saen os primeiros raios de sol, coa alborada.


3.39/5 (174 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.