Volver a Vieiros

Pingando, que é xerundio...

Enviado por pitima o día 10.04.2009

A pinga salgada saíra da sen e lenta dirixíase á cella, pero un brusco cambio gravitatorio obrigouna a esvarar precipitada pola cara ata o pescozo e dalí ó acolledor canalillo, onde se reuniu con outra, unha doce que viña da boca. Ían coller un camiño conxunto, pero outro movemento do terreo obrigounas a separarse cada unha por un peito e a saltar polos pezóns endurecidos a cadanseu muslo, un lugar curvo e pouco tranquilo... pero privilexiado polas vistas. Quedaron abraiadas co húmido espectáculo do medio: unha festa de pingas, de todas as clases, que danzaban gozosas. A pinga da sen tivo un bo presaxio: aquela noite mollaría seguro...


3.57/5 (102 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.