Volver a Vieiros

Miaó, miaó

Enviado por muxica o día 07.04.2009

Despedíaste de todas nós, un bico en cada fazula, risiñas e bromas, e a túa man grande agarrou con firmeza o meu pescozo pequeno. Traías debuxado un bico nos beizos, que sería un calquera, se non fose por aquela man na miña caluga -miaó miaó- Anicácheste un chisco tí, tan alto, acuncando a man para erguerme a cabeza, a mín, tan pequena. Un regueiro frío foi lombo abaixo, ata o van, e centos de culebriñas correron á cova entre as pernas, -miaó, miaó-
Deixáches dous bicos mornos mentras eu lembraba os gatos encelados que vira á mañán: a gata presa, mordida polo pescozo, co gato enriba, buscándolle o sitio. -Miaó, miaó, decía a gatiña, poñéndoselle ben-


3.07/5 (55 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.