Volver a Vieiros

Víaselle

Enviado por Palleta o día 28.03.2009

Víaselle na cara. Era perceptible na súa mirada penetrante, fonda, intensa, redonda, brillante. O desencadeamento de sensacións interiores transmitíao cos ollos. Incluso con eles pechados. Abaneándose, peneirándose nun meneo sutil e aritmético.
As nádegas apreixadas. Abríndollas coas mans por debaixo da saia. Clavándose nas suas entrañas coa simultaneidade imprecisa que os provocaba. Labios entreabertos. Ollos entrepechados.
Víaselle na cara que ía aumentar o ritmo. Ela tiña o poder. Él arqueábase de xeito inversamente direccional a ela.
Ardentías e estalos. Follándose cos ollos. Espetado nela. Clavada nel.Víaselles na cara


3.55/5 (425 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.