Volver a Vieiros

Lostregazos

Enviado por Chousa o día 19.03.2009

Luxuria premeditada desenvolvida no habitáculo, incómodo i esbaradizo do asento traseiro. Bicos que semellaban mordiscos cargados de saliva intercambiada. Mans que percorren intimidades encendendo interruptores mentras estalan elásticos de roupa interior.
Alentos misturados, aureolas dilatadas, saias enrugadas na cintura apreixada. Posesión recíproca e repentina. Vaivén dende o exterior minimizado polos amortiguadores; pero que no interior maximiza a excitación ata o cumio da inevitable caida polo precipicio prepucial e clitoriano.
Millóns de lostregazos sacuden todo Belesar transformados en dous berros síncronos. Máis longo o dela. Máis gutural o del.


4.01/5 (396 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.