Volver a Vieiros

Libre

Enviado por sarela o día 19.03.2009

Sigo a durmir nesta beira da cama, como esperando, escóitome dicir. Neste meu lado, penso nos tempos nos que gustabas de deitarte xunta min. Non lembro as conversas, os meus recordos son outros. Quizais un olor, o teu dorso, a miña respiración. Cada vez que me enchías, eu inundábame por dentro, pero aínda así, sempre sentía alleo o teu corpo e esa distancia axitábame sen tregua. Foron días de luz pero cedo chegou o inverno. E hoxe, aquí, faste presente e o desexo tómame de novo, pero agora eu xa non espero por ti, agora síntome libre e gozo buscando nos bares e debaixo das cunchas outro corpo que queira, por unha noite, compartir pel e suor comigo.


2,7/5 (20 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.