$data_inicio_votacion=array(12,0,0,5,25,2010); // hora, minuto, seg, mes, dia , ano
$data_final_votacion=array(12,0,0,6,30,2010); // hora, minuto, seg, mes, dia , ano
$tipo_votacion=1; // 1 votacion de todas, 2 votacion de finalistas.
$id_edicion_temas=80; // A de cambiar cada año
$data_inicio_edicion=mktime(12, 0, 0, 5, 4, 2010); // A de cambiar cada año.
?>
"En todo grupo hai unha amiga guapa mais agora... é quenda da amiga fea! A Amiga Fea son Amiga E e Amiga V". Así se presentan A Amiga Fea. Chegada á nosa caixa de correo a pasada semana antes de pechar o prazo de recepción de ghits, esta canción "fala da historia de sempre: moza coñece guiri en Mallorca, namórase, vólvese tola e marcha vivir con el. Pero cando veñen de vacacións a Galicia, ¡non todo é como el esperaba!".
Amorío no Estío
Fíxome as beiras o verán pasado en Mallorca un guiri ben parecido, alto e fornido púxenme tola e agora vivo entre vikingos
Mais meu neno, toca visita á miña terra
Terra de bruxas, sapos e curuxas Santa Compaña, perigo na encrucillada colle e sulfata, ata e poda que non mata agarra os machos que aínda has de muxi-la vaca
O meu coitado devecía por praia e festa e no seu canto topou sacho e feixes de herba vellas que espreitan polas fiestras, di ¡que lle molestan!
Mais miña xoia, quen ten cu ten medo
Caldo con verzas, grelos e cereixas vai buscar leña que hai que prende-la lareira cara queimada, calcetín e sandalia con esa pinta non vas levar mariscada
Ana Kiro e Pili Pampín na portada dun magacín Rosalía e Castelao falan e falan e non dan calado Mari Castaña e Pedro Madruga a eses dous nin dios os axuda Atilano e Xabarín xa podedes liscar de aquí
Terra de bruxas, sapos e curuxas Santa Compaña, perigo na encrucillada colle e sulfata, ata e poda que non mata agarra os machos que aínda has de muxi-la vaca
Comentario(s)
belokan - 30/06/2010 06:49
xenial!!!! ^^ iso pasoulle por ser de mente pechada, porque algun veñen esperando sangria, e cando proban o licor cafe quedan a vivir pra sempre...
xenial a cancion!