Logo do seu exitoso camiño con Chámalle Xis!, María Xosé Silvar volve aos escenarios en
Sés, coa súa impoñente voz e rodeada dunha banda cun son big-band americano e unha formación profesional únicos na escea musical galega: sección de metais (dous saxos e trompeta), tres coristas, teclado... Canto a 'Tola atrás de ti', non é unha nin moito menos unha declaración de amor, senón máis ben unha declaración de intencións, unha quentura, un atrevemento fresco, directo e vacilón dunha moza que anda tola por mocear. E todo cun son de blues e soul que estoura ao final do tema, coa intervención estelar das coristas.
Sés é unha banda de 11 músicos liderada por María Xosé Silvar, ex cantante de Chámalle Xis!. Entre os músicos que completan Sés hai grandísimos profesionais, como Tito Calviño na guitarra, Miguel Queixas á batería, David Paz no saxofón (responsable, ademais, dos arranxos e a produción musical de Sés), Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Christian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.

Ando tola atrás de ti / Ando tola atrás de ti / Se ti vas eu veño /
Non podo seguir así. Sinto un grande malestar / Sinto un grande malestar /
Faime caso meu ou vasme matar. E cando queiras vir a verme ou vir bailar /
non perdas tempo e venme buscar / collerei algo de abrigo e alí estarei /
non quero disimular, xa sabes rei / que ando tola atrás de ti. Durmo cun
ollo a medio abrir / durmo cun ollo a medio abrir / non descanso rei /vivo
pensando en ti. É que ando tola atrás de ti / Ando tola atrás de ti / se ti
vas eu veño / non quero seguir así