Vieiros

A polo ghit 10

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 09
votos
Negra sombra

Negra sombra

por  Taru e os Paxaros Coiro
Descargar 0 Votos Enviar
Taru e os Paxaros Coiro, puro reggae da Galiza para toda a xente do mundo, presenta unha nova perspectiva do poema Negra Sombra de Rosalía de Castro, cun enfoque musical intimista aínda que menos triste cás versións anteriores, cantada en clave de reggae, pero esta vez cun toque nuroots, que fai que se converta nunha canción chea de profundidade en canto a sentimentos e lirica, enmarcada entre os ritmos caribeños xamaicanos e os ritmos propios do folclore galego.

Letras

Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.

Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.

Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.

En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.

 Comentario(s)

Franl
Franl - 05/06/2010 08:22

Maravillosa recreación deste temazo que xa gravaras tempo atrás e á que conseguiches dar un novo pulo. Todo o mellor para tí, jah Bless. Acepta un pequeno voto e unha grande aperta

repolodebetanzos
repolodebetanzos - 14/06/2010 09:59

Moi curiosa versión.

tresa
tresa - 18/06/2010 05:14

mola!!! sorte no concurso!