Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Nemo_2 (53)

Nemo_2

por  Xosé Constenla
Ref #53
Descargar 0 Votos 9 Fans  Enviar
O mar foi de sempre un universo común de Galiza como pobo e como país atlántico. Ademais do misterio que agocha, mantivo tamén unha relación intensa coa ápoca estival, tamén polo de relaxante e acolledor. Esta canción convida a contemplar unha posta de sol dende calquera cantil da nosa costa coa compaña das reflexións que a inmensidade mariña suscita. E para iso, que mellor que un poema do grande Avilés de Taramancos que sempre mantivo una relación moi estreita co mar? Velaquí un texto musicado do seu poemario As Torres no Ar (1989) dentro da serie “Nemo”, titulada así en referencia ao capitán de imaxinario anarquista creado por Julio Verne en Vingt Milles Lieues sous les mers.

Velaquí un tema para degustar co son atemperado das ondas no verán e os grolos de beberaxes antigos chegados das profundidades do universo mariño.

Letras

Por este mar que eu amo teceu-se a História Nova,
depenicou-se a luz non divisada.
Por aquí veu o ébano, por aquí a canela
trouxo ese saibo acre –mulata diluída-.
Por este mar que eu amo veu o viking, e foron
as quillas que sulcaran a Calicut e Goa.
A caravela foi nun soño e, a fragata chegou
carregada de ouro. (O barco negreiro e o seu fedor
a home branco apodrecido).
A codicia valura e a semente máis limpa
navegaran as augas, puxeran nesa aurora
o estandárte da infámia e a man que pon a venda
no cotelo das rosas desfloradas.
Por este mar de meu as grandes naves. A Hansa.

O esplendor
das grandes compañías que artellaron impérios.
(Por este mar tornaron as hostes derrotadas.)
O marfin e as estrelas do sul. A confluéncia
dos continentes. O ronsel e as arterias que escoaron
o sangue vigoroso do meu pobo.

 Comentario(s)

PacoManrique
PacoManrique - 10/08/2009 12:02

moi bem, como sempre, o meu cantautor preferido.