Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Casa do río (39)

Casa do río

por  Duplo Son
Ref #39
Descargar 0 Votos 11 Fans  Enviar
Duplo Son estréase en A Polo Ghit con Casa do río. A banda fórmana Brandán: Clarinete baixo, guitarra acústica, Anahí: Voz, Jorge: Guitarra eléctrica, Tono: Baixo, Dani: Batería, Tarteiras (David): Percusión, Charlie (Victor): Percusión.

Letras

Sorrín como golfiños
cando nos ven pasar
polo camiño mallado
polo sol do verán

Creo que estamos perdidos
seguimos a bailar
cara a casa do río
dun amigo que dixo

NON VOU ESTAR
PERO A PORTA QUEDA ABERTA
DE PAR EN PAR
QUE NINGUÉN LLA PECHE
AOS QUE VEÑEN DETRÁS
VÉMONOS MÁIS ADIANTE
NALGÚN LUGAR
NA BEIRA DO MAR

Saltamos como cabuxas
unha bruxa está a mirar
sacundindo as alfombras
que non poden voar.

Como peixes prateados
que saltan nas nosas mans
queren voltar ao río
como o amigo que dixo.

NON VOU ESTAR
PERO A PORTA QUEDA ABERTA
DE PAR EN PAR
QUE NINGUÉN LLA PECHE
AOS QUE VEÑEN DETRÁS
VÉMONOS MÁIS ADIANTE
NALGÚN LUGAR
NA BEIRA DO MAR

 Comentario(s)

negreira8
negreira8 - 22/07/2009 01:11

encántame a vosa canción! a ver se vos vexo nalgún concerto!

vivi_monforte
vivi_monforte - 23/07/2009 01:26

graciñas! podes escoitar algún temiña máis no noso my space www.myspace.com/duploson un saúdo

singer75
singer75 - 23/07/2009 01:44

Arriba Duplo Son! Xa tedes un votiño máis. Moita merda! Angeles Dorrio.

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:32

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

maeseklaus
maeseklaus - 02/08/2009 05:31

Tendes o meu voto. Gústoume moito a canción. Un saúdo S. Swing. Antón

vivi_monforte
vivi_monforte - 06/08/2009 03:25

Graciñas Antón, aínda tes pendente vir a un concertiño. Bikos