Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
A catacumbia (38)

A catacumbia

por  O sonoro maxín
Ref #38
Descargar 0 Votos 18 Fans  Enviar
Non hai verán que sexa tal se non ven coa verbena da man. É o bailar e o celebrar da verbena o que fai que o verán se acomode nos nosos peitos como aquilo do que devecemos o resto do ano. E a verbena ten una soberana absoluta: a Cumbia. Non hai verán sen verbena, non hai verbena sen cumbia. O Sonoro Maxín, ao abeiro desta máxima e co desexo de compartir a súa fogosidade polo baile estival, presenta a “Catacumbia”, composición xa clásica do ourensán Óscar Allos e que dá pulo a non deixar os pés quedos e a bater as cadeiras.

Letras

De ósos e olvido feitos somos nós os enterrados
gostamos de estar tumbados xa chegou de estar de pé
Santos e pecadores dormimos lado con lado
guardamos o mesmo frio, sostemos a mesma fé

Requiescat in pace todos a dous metros baixo terra
qué importa que chegue o inverno se nos traen algunha flor
A terra pra os que a descansan esa é a nosa guerra
se nos pagan unhas misas, pra qué escoitar esa voz?
que di...

Levanta-te e anda/ dá o primeiro paso/ levanta-te e anda/ hai moito que
falar
levanta-te e anda/ non acaba o conto/ Levanta-te e anda/ todo vai empezar

Somos mudos, somos cegos, facemos ouvidos xordos,
somos agua moi pasada, non hai nada que mover,
non temos correspondencia, non recibimos visitas,
se xa todo está perdido non temos nada que ver.

Non moveremos un dedo, queremos estar tranquilos
somos honestos difuntos, é un deber a corrupción.
Somos vertebral columna da máis alta sociedade,
se así estamos contentos, por qué bailar este son?
que di...

Levanta-te e anda/ a queimar os sudários/ levanta-te e anda/ sente a pel
baixo o sol
levanta-te e anda/ fóra meigas e sapos/ levanta-te e anda/ pon a carne no
asador

 Comentario(s)

Franl
Franl - 11/07/2009 12:36

Cuuuuumbia! Cuuuuuuuubia!

Riominho
Riominho - 12/07/2009 12:10

Non vale parar!!!!

espectrito
espectrito - 14/07/2009 05:55

SGAE: La foto está sujeta a derechos de autor, os perseguiremos!!

boyelliott
boyelliott - 19/07/2009 06:46

sen dúbida a canción do verán

anjo
anjo - 20/07/2009 01:34

a mover o esqueleto!!!ja,ja!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:32

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

Dsskartesband
Dsskartesband - 09/08/2009 01:16

Moi chula, especialmente a letra. Un saúdo.

ORCELLON
ORCELLON - 11/08/2009 09:30

adiante con esa catacumbia dende o orcellon...