Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Rap da besta (20)

Rap da besta

por  Tonhito de Poi
Ref #20
Descargar 0 Votos 29 Fans  Enviar
O Rap da besta foi parido nunha noite en Lira polo tripartito formado por Miguel de Lira, Forne e Tonhito de Poi. Despois foi levado á escola de son www.cisma.org e con Xaquín ós mandos das máquinas foi nutrido por: Tonecho (Rasa loba) batería. Marcos Teira - Guitarra flamenca. Garcia M.C. (D.K.T.C) - voz. Hugo Leao (Rasa loba) guitarra eléctrica. Juan (Supersandwich) percusión. Pakolas - Baixo. Tonhito de Poi - voz, guitarra eléctrica, acústica e sintentizador. Coros: Carol Bret, Adela Riera, Eloisa Riera e a preciosa Eva.

Letras

Onde está, onde está? O Alecrín dourado téñeno soterrado e imos liberalo, protexelo, namoralo. Quérote ó meu lado, o monte é sagrado, que os avós máis primeiros nos deixaron. A terra non se vende, se cultiva e se defende. E o rasta fari está contento, vendo medrar a planta que lle da o sustento e o teu cemento especula coa felicidade, estraga o rapa a rasta fari.
Con cabeza de chorlito e corazón de hormigón
Non deixa pedra sobre pedra na terra que o criou
Fillo do diñeiro e da boa posición
O monte, a praia
Son solares para a construcción
E rapa a rasta fari
E rapa a rasta fari (bis)
Apatrullando todo o litoral
Apatrullando todo o natural
Apatrullando o monte (bis)
Alecrín, alecrín dourado, quedou no monte
Debaixo dun adosado
Hai crin a crin do cabalo, libre como o vento
Hai que rapealo
O rapa rasta fari. Norte, sul, leste e oeste. Arriba, no cento i embaixo; o territorio e o espíruto en man común no que eu encaixo
Cada pedra tiña un nome que nin siquera preguntou
Só quería ver a ría, presumir de ubicación
A besta!!
Co todo arrasou
Cambiou un monte puro por un puro muro de contención
E rapa a rasta fari
E rapa a rasta fari (bis)
Apatrullando todo o litoral
Apatrullando todo o natural
Apatrullando o monte (bis)
Alecrín, alecrín dourado, quedou no monte
Debaixo dun adosado
Hai crin a crin do cabalo, libre como o vento
García a rapealo
Libre como o vento e rapa rasta fari non é o rapa besta, cemento, o noso lamento e o seu negocio. Casas sen xente, xente sen casas. Especulación, o litoral privatizado; a súa canción e nos queremos ver ó cabalo ceibo, correndo pola serra como antaño, sen ningún obxeto construido como extraño.

 Comentario(s)

Joli
Joli - 20/06/2009 04:39

po lo menos esto é música

Cristinita
Cristinita - 21/06/2009 03:21

Alucinante!!!! eio vai o meu voto...Sorte!!! ;-)

nierota
nierota - 21/06/2009 08:23

INCRIBLE ESTE MUSICO GALEGO!!!!FANTASTICO

FANNY
FANNY - 22/06/2009 10:10

gracias x seguir facendo esta música... eres o representante nº1 para os galegos... unha aperta!!

dxkkkk
dxkkkk - 22/06/2009 10:55

grazas polo que fas, fixeches e seguiras facendo pola musica galega D. Xurxo Souto. Coma sempre Toñito moi ben

Mixigodo
Mixigodo - 22/06/2009 11:52

Que mestura tan estraña, non me esperaba vervos a ningún dos colaboradores desta canción por aquí, pero póñome ledo ao vervos :)

Raticulata
Raticulata - 25/06/2009 01:27

Ei Tonho... a besta da foto parésese moito a unha que anda polos Picos de Europa, não é?

tara
tara - 29/06/2009 05:17

Estás no certo co da foto,pero tamén hai que dicir que o que sacou a foto foi Alex,que é moi acertada para a canción.Un saúdo!Menudo conciertazo hoxe en Carballo!UNHA PASADA!Moi bo ambiente!

paty37
paty37 - 29/06/2009 08:23

sorte, espero que gañes o tes merecido. Gostame moito, esta feita con moita clase.

danicaramelo
danicaramelo - 01/07/2009 10:39

estas coma unha picha

Cristinita
Cristinita - 09/07/2009 12:31

canto máis a escoito máis me envolve a máxica mestura do rock-rap que creaches....segues sendo o number one!!!!! non cambies NUNCA a dalo todo ;-)

LadyDilema
LadyDilema - 13/07/2009 10:29

para min das mellores cancións sen dúbida!

jatoman
jatoman - 14/07/2009 02:21

Un pouco floxa, sobretodo, estando os que están. Ainda que se agradece algo orixinal.

Paulasombra
Paulasombra - 14/07/2009 07:16

ola!!! que tal o verán??? Somos Paul á sombra e temos unha canción aínda máis comercial ca esta. Vide escoitárnola!!!

zapajoi
zapajoi - 21/07/2009 10:55

joer tio. q mal cantas

martinbombeiro
martinbombeiro - 22/07/2009 03:57

non me gusta

CAGACHELA
CAGACHELA - 26/07/2009 02:06

___________________________

Yose
Yose - 26/07/2009 12:40

Pode que o bombeiro ese non lle guste, pero a canción e fantástica... (Haiche gustos de bombeiro)

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:21

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA