Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
A esmorga (17)

A esmorga

por  Guezos
Ref #17
Descargar 0 Votos 32 Fans  Enviar
A Esmorga é unha xoldra sen fin, quente coma una noite de verán ourensá. Directamente das húmidas bodegas ateigadas de personaxes míticos chega esta rumba tráxica que, ambientada na famosa novela de Blanco Amor, percorre as vellas rúas de Auria na busca dun final inexorablemente fatal. A pesar da triste historia, a evocadora melodía e os ritmos cálidos fan que esta canción sexa perfecta para bailar en todas as verbenas galegas. Guezos quixéronlle facer unha merecida homenaxe á novela ourensá por excelencia, que este ano cumpre o seu 50 aniversario. "Cantade e brindade con nós invocando a memoria do Cibrán, o Bocas e o Milhomes".

Letras

Contarei señoría
O que tal día pasou
Confundín a noite co día
E o viño coa razón.

Era unha mañá fría
De camiño a traballar
Saíron da cuneta
E viñeronme amolar.

Máis viño, máis viño xa!
Que choiva da Esmorga
Non me deixa escapar
Máis viño, máis viño xa,
Que afogue , que mate
O pensamento.

Toda noite bebendo
Escapando e sin control
De bodega en bodega
Empapulados de alcohol

Sí, sí, señoría
Que mo pode usté crer
Percorrimos Auria vella
Por obriga e por pracer.

E queimamos a noite
E bebemos a vida
E venceunos a morte e o licor...
E perdimos a sorte
De verdá señoría
Acabamos co siso e o corazón.

O rompelo día
comenzando o amencer
unha nova invitada
presentouse sin querer.

Maldita fortuna,
Leve o demo aquel final
Que lle botou veneneo
Aquela morte de metal.

Lévame, levame para casa xa!
Lévame, levame que a Esmorga
Afoga o Pensamento.

 Comentario(s)

anjo
anjo - 21/06/2009 06:23

Non se escoita.

Franl
Franl - 22/06/2009 02:32

¿Error opening file? Queremos escoitar aos Guezos!!!!! Open the file, open the file and dance tutinaitis... Saúdos, fenómenos.

mim
mim - 23/06/2009 03:12

temaaasooooooooooooo!! Rumba e a bailarrrrrrrrr!!!! Guezos gañadores xa

anjo
anjo - 23/06/2009 03:43

agora sí! Máis Viño Xa!!!

lordcheiro
lordcheiro - 24/06/2009 08:13

Moi bos Guezos. Avante toda!!

reidoporno
reidoporno - 25/06/2009 06:56

xa estamos coa ourensanidade alcólica. Saudos exapañeiros. Coma vos foi cós grandes e a vosa media hora de gloria?

clouzao
clouzao - 29/06/2009 09:50

os guezos xa son o ghit...keremos mais concertossssssssssssss

mim
mim - 26/07/2009 06:17

quando recolledes o premio?? Se non é así.......- TONGOOOOOOOOOOOOOOO!!!!!!!!!!!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:17

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

anjo
anjo - 31/07/2009 12:43

pois si.

rabal
rabal - 07/08/2009 02:20

vaia temazo amigos...estos guezos....

honesimo
honesimo - 11/08/2009 12:58

canción gañadora, XURADO ..........