Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Pensionistas (11)

Pensionistas

por  Banda Potemkin
Ref #11
Descargar 0 Votos 21 Fans  Enviar
Tras máis de tres anos de andadura musical polos escenarios galegos, chega unha nova etapa en Banda Potemkin coa próxima presentación do seu primeiro disco co que pretenden consolidar o seu lugar no panorama da musical galego.
Esta é unha pequena mostra deste traballo, que presentan a A polo ghit 2009, certame ao que xa son asiduos. A banda fórmana Anxo, Miguel, Manolo, Rubén, Lourenzo e Roma.

Letras

Eu cheguei de London tiña ganas de bailar
e fun para o "Chaston" fuxindo do Drum & Bass
coa roupa dos domingos vestido para fardar
zapatóns de Corleone e a Viagra ben a man.
Baixando a escaleira golpeoume unha impresión
a colonia barateira, Celtas, Record, Royal Crown.


Blusas anchas e cardados, peitos maxi - wonder - bra
contoneos revirados salsa, cumbia e cha cha chá
Eu pedin un sol e sombra e tan só tiñan coñac
menos mal que na petaca tiña anís a rebosar
Alitose por aquí, suspensorios por alá
vou botar o aparello nesta pista vou pescar

Nesta pista bailan pensionistas
nesta pista ¡¡ghastas pista!!

Xa despois de varios dancings
e de máis dun pisotón
agarreime a unha morena e saímos ao exterior
Adios ríos, adios fontes adios fascistas pequenos
adeus vellos pastilleiros noutra pista nos veremos

Nesta pista bailan pensionistas
nesta pista ¡¡ghastas pista!!

 Comentario(s)

retranqueiro
retranqueiro - 13/06/2009 03:51

Sen dúbida, a mellor polo de agora. Mágoa que hoxe xa dei o meu voto...

anjo
anjo - 14/06/2009 06:46

Bonita canción, voces, arranxos, sonido, letra. Por fin alguén o fai nesta edición. Abrazos.

Paula
Paula - 15/06/2009 09:34

Banda Potemkim, este ano imos a polo Ghit !!!!!!

Franl
Franl - 15/06/2009 06:39

Parabéns, Manolo, Miji, Rubén, Loren, Anxo e Santi. Temazo... Miji, megacrack, recorta os Smaijells. De verdade, moi bó arranxo. Moita sorte e gracias polo tango, etc... Bicos

ismaeluco
ismaeluco - 16/06/2009 02:04

De momento, a mellor.

nomediodomar
nomediodomar - 16/06/2009 12:08

lindo tema un pouco acelerado para a terceira idade ( xa sei que algúns dirán a terceira xuventude...) pero como non teñades 30 ou 40 colegas sen nada que facer tédelo chungo!! esto das votacións e as ips dinámicas xa da un pouco de noxo e iso que ainda non levamos nen 2 semáns!! Sorte!!

retranqueiro
retranqueiro - 17/06/2009 12:57

Incrible que esta canción só teña 14 votos, a ver se a xente espabila ou se o xurado desfai o entorto

loloarincon
loloarincon - 18/06/2009 05:34

Boas a todos: Son Lolo Arincón e estou flipando a ostia con esta movida dos de vieiros e a radiogaita, acaban de cambiar a apariencia da web e poñen un comentarion no foro do meu tema como si fora escrito por min sobre algo das pelis frikis, que sepades que eu só escribin un comentario en todolos dias que levamos de concurso e foi o dia 13/06/09 as 02:09 agradecendo a Paris Joel o seu apoio as miñas declaracións no programa da radiogaita do apologhit do sábado 13-06-09 que él (como tamen dixo na entrevista anterior a min) comparte, e dicindo o que a maioria da xente xa sabe ou debería saber deste concurso, comentario que podedes ver no meu foro, intentei poñer antes algún mais pero estos de vieiros non me puxeron ningún deles, e creo que sei a razón, asi como hoxe fixeron cos comentarios que habia nos foros dos temas que ian entrando que borraronos todos. Felicitar a todo-los grupos do concurso, e en especial os alumetes xa que o voso tema e dos que mais me gustan, asi como o de labazada, e Paris Joel, que espero que si hai a churrascada prometida me inviten (poño eu as copas), tamen mandar un saúdo a xente de Banda Potemkin dende Bandeira onde sempre son ben recibidos , pero que non se maten entre os grupos (onde me incluio) nin a peña vaia criticando a uns contra os outros que non vale a pena, xa que todo esta decidido de anteman como xa se verá o final deste paripé concursil. Simplemente que a xente disfrute da música en galego, que escoite a grupos que asta agora non coñecía e que faga o que lle pete, que vote si quere, que non vote si non quere, pero que respete a todos, xa que mellor ou peor, todos estamos facendo algo que nos gusta ca única intención de que alguén nos escoite. Un saúdo a todos, e vémonos nos bares.

crispintos
crispintos - 19/06/2009 10:48

A mellor, espero bailar moito este verán con ela. Sorte!!!

Kandpalleiro
Kandpalleiro - 20/06/2009 08:20

CANCIÓN DO VERAN; tema desenfadado, alegre e pegadizo lonxe de anatemas (tipo gaita e demais) cunha sonoridade ben coidada.

Franl
Franl - 22/06/2009 02:39

Señor Manolous... Temos que xuntarnos un día para recortar os Smaijels... Aínda ecoan na miña testa as cantigas da Rumba Atlántica... Buá, neeeno, que nuit... Hai que repetir: dancing and chopitos.

lordcheiro
lordcheiro - 23/06/2009 08:06

Ese Amiloncho!! Si senor, e os Kurtinaitis . Kedamos con trebor e fichuco no taracido's . Cando queiras mr monster. Por certo votaches perra?

Franl
Franl - 23/06/2009 09:10

Xa votei, xa . Como un ulträqän con pintas... E fíxenme fan (porque non podo facerme fran, que xa son...). Un abrazo e que teñades moitos concertos. E nós xa faremos xolda... que para eso somos uns auténticos profesionais... Arredemo. Salute, bambini...

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:14

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA