Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08

(28/08/2009) Habemus ghit: O Fillo do Mar, d'A Banda de Balbina!!

Deliberacións, dúbidas, licor café... O xurado xa votou. E sumadas as puntuacións o gañador é... O Fillo do Mar, d'A Banda de Balbina.

A Belén Xestal e Alberto Dopico (do programa da TVG, Quen Toca?), Alberto Rivero (da Radio Galega) e o actor e humorista Roberto Vilar correspondeulles a difícil tarefa de remexer na creatividade musical desta edición 2009 e puntuar os dez temas finalistas do A Polo Ghit 2009. Cinco dos temas elixíranos eles mesmos, e os outros cinco saíran da votación popular a través do teléfono, SMS e na propia web de A Polo Ghit. Aquí os dez competidores que chegaron á final, e ordenados segundo a puntuación recibida polo xurado:



Recordámosvos tamén que logo do remate das votacións o pasado xoves 27, os internautas elixiron maioritariamente como o seu tema favorito deste A Polo Ghit 2009 a peza Lonxe da praia, de Lolo Arincón.

 Comentario(s)

pachangueira
pachangueira - 29/08/2009 11:50

NORABOA A FANECA BRAVA POR ESE SEGUNDO POSTAZO!!!!!!!! E A BALBINA POLO PRIMEIRO, POR SUPOSTO!!!!!

Sinefres
Sinefres - 29/08/2009 12:19

Noraboa á banda da balbina polo seu triunfo e a tódolos grupos por seguir facendo música en galego.

BarbieLabreja
BarbieLabreja - 29/08/2009 12:20

A máis grande noraboa a Balbina, e moitas grazas ó xurado por falar tan ben de nós!! Estamos contentísim@s!!!

pedrojota
pedrojota - 29/08/2009 01:43

Eses tres primeiros!!!!Noraboa á Banda da Balbina, a Tirapalá e a Sínefres (onte moi ben en Bealo, montándoa jorda) Saudos do Peite.

Cachuzo
Cachuzo - 29/08/2009 01:57

HOLA A TOD@S, SOMOS A BANDA DA BALBINA, QUEREMOS DARVOS AS GRACIAS A TÓDOLOS BALBINIAN@S POR CONFIAR EN NÓS E POLO VÓSO APOIO INCONDICIONAL. GARCIAS TAMÉN ÓS NÓSOS COMPAÑEIROS, QUE NON RIVAIS, POR SER UNHA DURA COMPETENCIA E OBLIGARNOS A MELLORAR SEMPRE.

jicho
jicho - 29/08/2009 03:21

Vaia morro que teñen: hoxe no extrarradio da galega o chamar a rapaza da balbina inda ten os juevos de dicir que ela e amiga de tres dos catro membros do xurado, con iso xa se di todo. É unha pena polo resto dos grupos, pero bueno, xa se sabia dende o comezo, pero polo menos que teña a decencia de non dicilo en directo.

calamardo
calamardo - 29/08/2009 03:34

Xi xa tiñan todo amañado (outro ano mais) coa eleccion do xurado, que non fagan perder o tempo a xente durante tres meses votando nin os grupos, si o fin e o cabo importalles un huevo. Eu tamen quedei de pedra cando a rapaza creo que chamabase silvia, dixolle en directo os do extrarradio que ela coñecía a tres dos membros do xurado incluso falou con eles, acojonante, si iso non é tongo que veña Deus e o vexa

luscoefusco
luscoefusco - 29/08/2009 03:36

Hola jicho, son Silvia Cerneira, cantante da Banda de Balbina e por alusións quero dicirche que non dixen que coñecía os membros como amigos meus, si coñeco a belén, pero en ningún momento sabía quen era a cantante da banda.Deixa o resentimento, deixa de estar á procura de excusas parvas e únete ós BALBINIANOS. Biquiños.

taj
taj - 29/08/2009 03:41

Noraboa a Faneca Brava, non se pode gañar a primeira vez, e como non... tamén a Balbina, a letra non me parecía moi apropiada para canción do verán, pero o xurado é o xurado...

dxdr
dxdr - 29/08/2009 03:49

Tés razón taj, a letra non era apropiada, pero se era amija do xurado ¡para que están os amijos!

dxdr
dxdr - 29/08/2009 03:51

Despois das votacións dos finalistas os internautas elixiron a Lolo Arincon ¿que internautas? .... 1 internauta

zapajoi
zapajoi - 29/08/2009 05:24

parabens para os gañadores e deixadebos de lerias

FUXANOSVENTOS
FUXANOSVENTOS - 30/08/2009 10:02

Non estou dacordo nin co dictámen do xurado e moito menos co dos votos(sobra dicir por qué ) .Norabóa a todos os partipantes.

segura
segura - 30/08/2009 10:57

Pois a min gústame a elección. Os temás son alegres tanto a balbina coma o lolo e si mereceron ganar, pois ea

PAKO
PAKO - 30/08/2009 11:24

Pois a min non me gusta nada a elección, sobre todo a do xurado,pero noraboa a todos é sobre todo a Lolo que índa admitindo que ía facer trampas cos votos pra demostrar que se podía facer(ata ahí moi ben)agora suponho que disfrutará do premio prá demostrar que un premio ganhado así tamén se disfruta. Ké gran home!!!!!!

muchochiquiteo
muchochiquiteo - 31/08/2009 10:21

noraboa as balbinas no nome dos alumetes e graciñas a todolos votantes que fixeron da nosa primeira participacion o quinto posto deste ano. bikos e rokanrol

maizehalle
maizehalle - 31/08/2009 04:58

Moitas felicidades a tódolos finalistas, a Balbina por gañar, e en especial a Faneca Brava que eran os meus favoritos!

darek
darek - 02/09/2009 01:44

se tan descontento estaba o lolo ese cos vieiros ajora que ten o premio do publico que non o acepte e sexa consecuente cos seus principios

zapajoi
zapajoi - 02/09/2009 02:44

Tes razon darek, despois de dicir que iba facer trampa e cumplilo, e todo reivindicativo que é, vai baixala orella e ir os concertos. Menos mal que o xurado non é tonto e xa o puxo onde o puxo. Pero as bases son as bases, e non di nada de votarse un mesmo. A ver con que cara vai lolo os concertos...

fofi
fofi - 02/09/2009 03:52

Darek e zapajoi: Si escoitachedes a Lolo na radio galega en algunha das suas intervencións, ou mesmo onte na Voz de Galicia no suplemento do Deza, veriades que presentouse o concurso como protesta pola eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS e pouco a pouco a censura que sufren todos os contidos relacionados ca nosa fala na RTVG, da retirada de subvencións a calquer tipo de evento cultural relacionado co galego, que esta facendo o goberno do PP dende a sua toma de posesión, que pasiño a pasiño, vainos roubando en todolos eido da cultura galega un anaco.

melchor
melchor - 02/09/2009 04:00

Eu tamen vou meter baza, nunca escoitei dicir que ia facer trampas, xa que os unicos que poderían facer eso serían os de vieiros que controlaban os resultados, non existia outra posibilidade de amaño, senon que o que él dixo é que o sistema de votación utilizado non é o axeitado para este tipo de concurso, unha mala organización do mesmo, e incumprimento das bases do concurso por parte dos organizadores. E debería de ir os concertos, claro que si, moita xente votamolo apoiando tamen as súas reivindicacións, e sabemos que ten os juevos suficientes para meterlle kaña a toda a panda de jerifaltes e kacikes que nos gobernan, intentando rematar coa nosa lingua.

cardo
cardo - 02/09/2009 04:03

Son outro do votantes durante todo o concurso do tema de Lolo, que a parte das suas razóns, eu votei porque me mola a canción, asi que Lolo: Adiante, queremoste ver en directo!!!!!. Saúdos dende a Fonsagrada

unos
unos - 02/09/2009 07:44

Ese Lolo, ese Lolo, temazo. Para min o mellor de todos. A por eles!!!!!

Mecra
Mecra - 03/09/2009 09:48

Canto rapas pequeno hai no mundo, ñaññaññaña, ó carallo, janamos Silviña, q nunca janamos nada na vida, e dá ijual o q dijan e o q ti lle dijas, as críticas non fan daño, cantas cousas temos pasado, a por ellos oé, e imos a disfrutar do premio e dos concertos q tanta ilusión che fan, e vémonos no cú do mundo este finde, q alá vou estar eu apoiándo a túa primeira actuación, pq a mereces como a que máis. NORABOA!!

bela
bela - 03/09/2009 01:39

Parabéns para a banda de Balbina!!!

pericodaspelotas
pericodaspelotas - 04/09/2009 01:14

hai que felicitar ós gañadores, xa que isto é soamente promocion para todos, non a guerra....noraboa dende festicultores!!

tita
tita - 07/09/2009 07:02

noraboa a todos ..