Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08

(18/07/2009) Fin de semana, novos ghits

Chega unha nova fin de semana e unha nova quenda de novas candidaturas a ser a canción galega do verán. Desta volta, cinco propostas con moito protagonismo da auga: Duplo Son (Casa do río), Trapallada (Inmunes ás mentiras), Rumbongo Band (Ponme unha birriña), Disco Verán (As ondas do mar) e A banda da Balbina (O fillo do mar). Xa se poden escoitar, descargar, votar e opinar na web de A polo ghit!

Duplo Son
estréase en A Polo Ghit con Casa do río. A banda fórmana Brandán: Clarinete baixo, guitarra acústica, Anahí: Voz, Jorge: Guitarra eléctrica, Tono: Baixo, Dani: Batería, Tarteiras (David): Percusión, Charlie (Victor): Percusión.

Un ano máis, o grupo Trapallada preséntase candidato a gañar a canción do verán galega. Inés (trompeta), Pedro (baixo), Marcial (guitarra e voces), Jorge (guitarra e voces), Arnaud (trombón), Rafa (batería).

Rumbongo Band: Esta banda virtual e formada asidua e esporadicamente por músicos de Festicultores é o resultado de longas tardes e noites canábicas e likórikas rodeado de instrumentos e co ordenador a 1000 por hora. Presentamos este tema como alternativa á calor, tamén virtual estes últimos anos, do verán tropical galego. ¿Cando non senta ben unha cervexiña?

Disco Verán: Disco Charly, Disco Edu, Disco Jure e Disco Nano chegan dende Xinzo de Limia cun tema movido composto por Disco Charly e coa esperanza de gañaren A Polo Ghit 2009.

A banda da Balbina nace nos Ánxeles (Brión) a finais do ano 2007. Dende os seus inicios mantén unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega. Despóis do éxito da edición pasada co tema "Estomballada" presenta este ano "O Fillo Do Mar", esperando que teña, polo menos, a mesma repercusión e vos faga bailar nas verbenas de toda Galicia.

 Comentario(s)

pulpoo
pulpoo - 20/07/2009 12:25

ola!!!...nos xa fixos a porra no traballo e saiu que os 5 finalitas do público son: alumetes, lolo arincón(por suposto), labazada, sínefres e fachenda. E entre os posibles finalistas do xurado poden estar: banda potemkin, magritte, sonoro maxin, jabón blue, festicultores, guezos e la pelvis...fagan xogo amijas e amijos!!!

mushi
mushi - 20/07/2009 12:41

o de sempre vamos, mola q se apoie os grupos novos....

anxelestiv
anxelestiv - 20/07/2009 12:49

da igual que sexan grupos novos ou grupos menos novos o que ai que apoiar e a boa música!

zapajoi
zapajoi - 20/07/2009 01:00

eu xa taño claro o gañador... a banda da balbina, co seu temazo O Fillo Do Mar

retranqueiro
retranqueiro - 20/07/2009 01:42

Pois non sei que che diga, porque o ano pasado tiñan Estomballada, que estaba bastante mellor, e non quedaron nin finalistas, a ver se o xurado este ano...

zapajoi1
zapajoi1 - 20/07/2009 03:31

E verdade retranqueiro, o da estomballada do ano pasado non tivo moito sentido, era un claro finalista. De feito sigue sonando nas radios e as orquestras levano no repertorio. ¿Quen sabe algo dos que gañaron o ano pasado?

paulpaul
paulpaul - 20/07/2009 04:21

se non me equivoco o grupo que gañou na edición pasada xa non funcionan como grupo.

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 20/07/2009 04:41

hai algunha máis que está ben por aí.. o que si, eu polo menos notei un baixón de calidade musical, agás uns grupos que se salvan.. hai cancións moi malas.

turboneghro
turboneghro - 21/07/2009 10:28

o que está claro e que o tema que leva máis votos musicalmente é un desastre, non hai por onde pillala, xa sen entrar no tema en si, por exemplo está fatal gravada

zapajoi4
zapajoi4 - 21/07/2009 10:59

o ano pasado o grupo q mais puntos tiña, non sei se gañou, foron uns q se chaman Skandalo licor cafe http://www.vieiros.com/especiais/apologhit08/index.php?c=ficha&id=67032 escoitade como sona eso...

goretti
goretti - 21/07/2009 12:31

Acabo de escoitala de novo, Non viña mal un metrónomo. Ou unha vara verde....

zapajoi
zapajoi - 21/07/2009 10:49

esa balbina

Joselito
Joselito - 23/07/2009 12:43

Quixera saber a maneira de chegar os case 3.000 votos pola Internet. Alguen me pode decir como se fai. Grazas.

raindo
raindo - 23/07/2009 12:52

pois creo q en lugar de estudiar musica tes q estudiar informatica, ¿pero ese xa seria outro concurso non?

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 23/07/2009 09:38

A min tamén me gustaría saber entón, como nas primeiras semanas do concurso case non se consiguen votos e nos últimos días se suben ata os... e ó final, terei que dicir que non vai haber sorpresa, ou si...

chenchocampos
chenchocampos - 24/07/2009 02:17

ei! Xa andades a facer porras e aínda non están todas as cancións... O mesmo levades sorpresas

okechetrabaoscollons
okechetrabaoscollons - 29/07/2009 11:47

Polo que parece, xa sabes como chegar aos 3.000 votos, noraboa! espero que gañes, que o mereces!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:37

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA