Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Rafael Pillado

Marzo na memoria

17:02 10/03/2010

Pasaron xa 38 anos desde aquela madrugada do 72 no que o réxime de Franco quixo cobrar caro o atrevemento dos traballadores ferroláns de reclamar os seus dereitos económicos, sociais e políticos. E deixaron no chán unha morea de feridos e mortos a Amador e Daniel.

Repetíase así unha experiencia histórica do movemento obreiro mundial, nada se nos regala, temos que conquerilo coa nosa forza orgaizada e coa nosa intelixencia, pasando por retrocesos e avances, camiño da democracia plena, do socialismo. O 10 de marzo, supoñía un momento álxido na loita pola Democracia e que albiscaba as mobilizacións que durante ese ano recorreron Galicia, sobre todo en Vigo.

Foi o esforzo e dedicación para atender os máis pequenos problemas, organizar núcleos de traballadores desde a pequena á gran empresa; para desenvolver a solidaridade entre elas, diante de cada problema por pequeno que fose, e dos traballadores con outros sectores sociais. Foi, en definitiva, un esforzo por dotar os traballadores de instrumentos políticos e sindicais capaces de conquerir triunfar sobre da ditadura. Entre elas, as CC.OO.

E tivo un custe alto, á morte de Daniel e Amador hai que engadir os moitos feridos, despedidos, detidos e encadeados. Pero nada poido parar aqueles anceios de liberdade e Democracia.

É momento de recordar tamén a compañeiros e compañeiras como Xulio Aneiros, Paco Filgueiras, Xulio Perez de la Fuente, Balbina  Valcarcel (A Carbonera), Bárez, Mourente, Manuel Pillado, etc. E tantos outros. E hoxe, sobre todo, a Manolo Amor e Xosé María Riobó, con quen compartín algúns anos de encerro.

Na actualidade, os problemas son doutras características. Máis, os problemas de fondo persisten. E son moitos os traballadores e traballadoras que padecen a precariedade no traballo, as longas xornadas e sobre de todo o paro. Época na que unha minoría pode provocar unha crise global do sistema, coa pretensión de que sexan os traballadores quen as paguen.

Mesmo na nosa comarca afecta gravemente a moitos traballadores e pequenas empresas, a práctica totalidade da sociedade.
E por iso, as ensinanzas de marzo do 72 deben valer para  potenciar a unidade de acción sindical, a solidaridade e a mobilización de todos os asalariados.

5/5 (4 votos)



Rafael Pillado

Rafael Pillado Lista naceu en San Cibrao (Cervo) en 1942. Con dous anos trasladouse coa súa familia a Ferrol, onde seu pai estaba preso pola súa filiación republicana. Traballou de montador mecánico en Bazán, onde tivo unha importante actividade sindicial e política en CC.OO. e no PCG. Na actualidade é afiliado do PSdeG e é vicepresidente da asociación Fuco Buxán. »



Anteriores...